standard-title PAZO DA TRAVE Coñece a nosa historia,as nosas instalacións e os nosos servicios

PAZO DA TRAVE

Coñece a nosa historia,as nosas instalacións e os nosos servicios

Abrimos as portas do Pazo da Trave, un pazo fundado pola antiga nobreza galega e asturiana fai máis de cincocentos anos, situado nunha paraxe excepcional, na Mariña de Lugo, a tres quilómetros da desembocadura da espectacular ría de Viveiro, entre praias e montañas, nun val encantado rodeado de tranquilidade, silencio e casas solariegas. Contamos con dezasete habitacións , das cales dúas son habitacións verdadeiramente especiais e unha terceira cunha ampla zona común, semellantes a suites, e xenerosas zonas comúns, destacando o seu amplo xardín o que se arrolan as árbores tradicionais e a vexetación autóctona de Galicia ó redor dun pozo, un cabozo, unha palmeira, un pombal e unha capela, rodeadas dun bosquecillo, propiedade tamén do Pazo. Ademais, ofrecemos as nosas instalacións: comedor e cenador acristalado, sauna, ximnasio, piscina, biblioteca con cheminea, sala de xuntas e reunións, balcóns e galerías, todo rodeado por un verde permanente, marco ideal para estancias individuais e de parella, familiares e en grupo, reunións e incentivos, festas e celebracións. ¡Benvidos!