Dirección Galdo. 27850  Viveiro (Lugo)   Tel +34 982 598 163   E-mail pazo@pazodatrave.com Español | English
Pazo da Trave
SOBRE O PAZO DA TRAVE
Comezo
Sobre o Pazo da Trave
Onde tamos e como chegar
Aloxamento
As habitacións
Instalacións e zonas comúns
Restaurante
Celebracions , grupos e incetivos
Que facer
Contorna e periferia
Actividades
Sala de prensa
Guías e mapas
Vínculos
Contacto
OFERTAS E PROMOCIÓNS  
Mascotas bienvenidas
Pazos de Galicia
ICT - Calidade Turística

 
GALERÍA DE IMAXES
Click para ampliar Click para ampliar
Click para ampliar Click para ampliar
Click para ampliar Click para ampliar
Click para ampliar Click para ampliar
Click para ampliar Click para ampliar
Click para ampliar Click para ampliar
(click para ampliar)

Introducción: Os Pazos

“Casa grande con capilla, palomar y ciprés, Pazo es”

A palabra “Pazo” ben de pallatium e serve para nomear en Galicia a casa señorial feita con frecuencia no campo . A sua orixe remontanse ós castelos  e fortalezas medievais que eran propiedade de nobres ou da igrexa .Nos séculos XVII e XVIII alcanzaron o seu máximo esplendor gracias ós “foros” (leánse rentas) que os campesiños pagaban a nobleza local.
Estes  fidalgos  facían de intermediaros entre os campesinos  e o señor que solia vivir na cidade ou  na corte. Según Pardo Barzán , autora de Los Pazos de Ulloa , “Os castelos, dispostos para o estado de guerra ou turbolencia, seguiron construccións máis en  harmonía coas largas paces”.
No século XIX  empezou a súa decadencia e o Xeneral Primo de Rivera deulles a puntilla coa abulición legal dos foros.
Valle Inclán deixou páxinas mestras en Sonata de Otoño e en Las Comedias Bárbaras e Otero Pedrayo situaron neles historias que falaban do seu fundimento.

As Orixes

Temos que remontarnos ó ano 1435 para traza-la historia do paraxe onde se asenta o Pazo da Trave. Neste ano reunense no paraxe conocido como el Paso dos Cabaleiros , o vispo de Mondoñedo , o deán catedralicio e dous procuradors para discutir o litixio que mantiñan a nobleza e a igrexa sobre a parroquia de Galdo  e os foros da renta. Despois de varias discusions e litixios Galdo perde o seu estatuto de concello e pasa a pertencer  o de Viveiro .

Genealoxia do Pazo da Trave

No  ano 1435 o vispado de Mondoñedo deixa o coto de Galdo a don Alonso Perez de Viveiro por 5000 maravedies. Unha  boa  morea de anos  máis tarde, a propiedade recae no merino do coto, o vizconde de Altamira , Don Juan de Pita Pumariño, quen deixa a herdanza o seu fillo, Fernando Pumariño, rexidor de Viveiro e casado con Catalina de Miranda , irma do arzovispo de Sevilla  e fundador da Universidade de Oviedo, Fernando de Valdés e Salas, matrimonio que ven a poñer de manifesto a intima relación e non só xeografica , entre Asturias e Galicia.
De seguido toma a herdanza a filla, Maria de las Alas Pumariño , casada co rexidor da  Coruña . No  1607 mercao  por 1000 ducados Antonio da Ponte y Prada que despois o deixa o fillo Teodoro.
A propiedade prosigue a súa andadura de herdanzas e legados, ata chegar a mans do señor de Galdo , Juan Gabriel da Ponte, a mediados do século XIX . A súa filla Luisa vendeo no ano 1881  a Bartolomé Basanta , alcalde de Viveiro e senador do Partido Conservador nos anos 80 no citado século.
No ano 85 herda o Pazo o seu  xenro Ramon Rebellón , que  representa nas Cortes  a Viveiro  durante catro lexislaturas no partido de Cánovas do Castillo, conseguindo para  Viveiro o titulo de cidade.
Os seus fillos herdan o Pazo pero non o habitan o que desmellora a sua conservación ata que no 1993 vendeno.

Na actualidade

Pazo da TraveO Pazo da Trave e reconstruido e renovado na mellor tradiccion e respeto ós seus orixenes ,cos materiais autóctonos e con técnicas artesáns que recollen as tradiccións ceramistas da zona, lideradas pola  cercana fábrica de Sargadelos. Rematada a obra integrase en www.pazosdegalicia.com  unha agrupación de pazos, castelos, mosteiros, casas rectorais, e casas grandes adicadas o Turismo Rural.
A nova propiedade que se fai cargo do pazo no 2007 ten como obxetivo respeta-la tradicción e a elegancia do Pazo  a vez que aposta por profesionaliza-la xestión e moderniza-los equipamentos para ofrecerlles ós hospedes e clientes a mesma tranquilidade e comodidade de sempre, pero con todalas ventaxas dun Pazo con amplias zonas comúns , unha espectacular zona axardinada e todolos servicios.

Un pequeno Parador, en suma.

    Dereitos | Privacidade Copyright © 2007   Pazo da Trave